O Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acordou a contratación da compostelá Fefa Noia (María José Noya Ansede) para a cobertura do posto de coordinación do departamento de Produción Teatral, que inclúe, entre outras funcións, a de dirixir o Centro Dramático Galego.
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
A AAAG, Escena Galega, a Academia Galega do Audiovisual e a Mostra de Teatro de Cangas impulsan un estudo sobre a brecha laboral entre homes e mulleres no sector
Diferentes representantes das entidades reuníronse coa responsable da Secretaría Xeral da Igualdade, Susana López Abella, para propoñerlle a elaboración dun estudo sociolóxico e con perspectiva de xénero sobre a brecha laboral que sofren as mulleres no sector das artes escénicas e do audiovisual.
Convocan V Premio de Dramaturxia VARELA BUXÁN
O Concello da Estrada e a Escola de Artes Escénicas da Estrada convocan o V Premio de Dramaturxia VARELA BUXÁN.
O Teatro Rosalía Castro, sede das VIII Xornadas sobre a Inclusión Social e a Educación nas Artes Escénicas
O Teatro Rosalía Castro do Concello da Coruña será a sede principal das VIII Xornadas sobre a Inclusión Social e a Educación nas Artes Escénicas, que se levarán a cabo na semana do 18 ao 24 de abril de 2016.
Un total 24 espectáculos no Galicia Escena Pro
Do 3 ao 6 de novembro celebrarase en Santiago de Compostela unha nova edición de Galicia Escena PRO, para dar a coñecer parte da nova produción escénica galega cara a vindeira temporada.
A AGADIC convoca as axudas á produción escénica 2014
Diríxense a apoiar novos espectáculos de compañías profesionais estreados entre o pasado 1 de abril e o 31 de marzo de 2015 e destinanse un total de 600.000 euros.
VIII Premio de Diario Cultural de Teatro Radiofónico
O programa dirixido por Ana Romaní promove unha edición máis do certame de teatro radiofónico. Vén de publicar as súas bases para este ano.
Comunicado da AAAG respecto ao peche de RTVV
Tras o peche da televisión valenciana, a AAAG quere lamentar publicamente a noticia. Consideramos que é unha mala decisión que culmina unha mala xestión
XXX Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, do 28 de xuño ao 7 de xullo
Do 28 de xuño ao 7 de xullo, Cangas acollerá a programación dunha nova edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo, unha cita imprescindible no ámbito escénico dende a súa fundación en 1984.