A AAAG forma parte da plataforma que promove a iniciativa lexislativa popular e participa na recollida de sinaturas
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia convoca os XXIX Premios de Teatro María Casares
A inscrición abre hoxe, martes 10 de decembro. As compañías teñen até o mércores 8 de xaneiro para presentar os seus espectáculos aos 16 galardóns nos que se dividen os María Casares
ConArte presenta a web do Estatuto do Artista
ConArte lanza un portal web dirixido tanto á profesión como ao público xeral. Ten por obxectivo divulgar e aproximar os contidos xurídico-legais que compoñen o Estatuto do Artista
A Mesa do Audiovisual Galego comprométese cun audiovisual na nosa lingua
Mesa do Audiovisual Galego está integrada por: Academia Galega do Audiovisual – AGA, Asociación de Actores e Actrices de Galicia – AAAG, Asociación Galega de Produtoras Independentes – AGAPI, Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización – CREA, Asociación Sindical Galega de Guionistas – AGAG, Cluster Audiovisual Galego – CLAG e Coordinadora Galega de Festivais de Cinema – PROXECTA.
Intelixencia artificial e as interpretacións nas producións audiovisuais. Onde se sitúa o intérprete como persoa humana?
Esta sesión informativa terá lugar o vindeiro luns 11 de novembro entre as 11 e as 13 horas na sede de AISGE en Santiago de Compostela (Rúa Monte dos Potes, 14).
Arrinca a recollida de sinaturas da ILP “Liberemos a galega” impulsada pola plataforma “Por unha CRTVG ao servizo do Pobo”
A Plataforma “Por unha CRTVG ao Servizo do Pobo” fai un chamamento ás galegas e galegos a apoiar masivamente a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) “Liberemos a Galega” para poñer fin á manipulación informativa, garantir a independencia dos nosos medios públicos, o pluralismo político, social e cultural e preservar así o noso sistema democrático.
A AAAG apoia o Manifesto de Solidariedade con Palestina e a convocatoria da manifestación deste domingo 6 de outubro
A AAAG apoia o 'Manifesto de apoio coa Palestina' e a convocatoria de Manifestación Nacional deste domingo 6 de outubro ás 12.00 horas na Alameda de Compostela.
Admitida a trámite no Parlamento a iniciativa lexislativa popular Liberemos A Galega! Por unha CRTVG ao servizo do pobo
A Mesa do Parlamento admitiu a trámite a Proposición delei, de iniciativa popular, Liberemos a Galega!, por unha CRTVG ao servizo do pobo, rexistrada o pasado 11 de setembro.
A AAAG, entre as 40 entidades que rexistran no Parlamento a Iniciativa Lexislativa Popular 'Liberemos a Galega!'
Corenta entidades agrupadas na plataforma Por unha CRTVG ao servizo do pobo, na que se atopa integrada a a AAAG, presentou no Parlamento de Galicia unha iniciativa Lexislativa Popular, (ILP) Liberemos a Galega!, que ten como obxectivo garantir por lei o pluralismo no ente, a defensa da identidade e a lingua galega, así como a promoción da igualdade.