A investigadora María Lopo presentou o 14 de abril na Casa Museo Casares Quiroga o seu libro 'O tempo das mareas', unha nova achega bibliográfica con fotografías e materiais descoñecidos sobre a actriz coruñesa
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
A AAAG lembrará a María Casares cun recital poético e un coloquio sobre a súa figura histórica na Casa Museo Casares Quiroga
A Casa Museo Casares Quiroga acollerá mañá ás20.00 horas un coloquio sobre a súa figura coa participación dohistoriador Emilio Grandío, a investigadora María Lopo e a autorada súa primeira biografía en galego Arancha Estévez
“María Casares autoasumiu a lenda negra dos Casares, o estigma propio dunha familia marcada polo destino tráxico dos perdedores”
O historiador Emilio Grandío, profesor titular e doutor en Historia da Universidade de Santiago de Compostela, centrou a súa traxectoria investigadora no marco da memoria histórica no contexto galego, prestándolle especial atención á cidade e á provincia da Coruña.
"En Francia, María Casares é unha das máis aclamadas tráxicas contemporáneas; en Galicia, pola contra, é unha silenciada máis”
A actriz e investigadora Sabela Hermida realizou unha ampla tese de doutoramento no ano 2013 sobre a figura de María Casares. Baixo o título Desenvolvemento artístico de María Casares dentro do marco existencialista francés, Hermida afonda na pegada artística e intelectual da actriz coruñesa nunha das correntes intelectuais máis destacadas do século XX.
Arancha Estévez: "María Casares representa o mellor teatro do século XX"
Arancha Estévez, xornalista e autora, desenvolveu a primeira biografía de María Casares en Galicia. Trátase dun volume da colección Mulleres, d'A Nosa Terra, que abriu con dous libros dedicados a actriz e, o outro, a Maruxa Mallo.
María Lopo: "María Casares forma parte da Galicia que nos foi negada"
María Lopo, investigadora ao redor da figura de María Casares e autora do libro 'Cartas do exilio', no que recolle a correspondencia entre a actriz e o seu pai Santiago Casares Quiroga. Falamos con ela sobre a vida e a traxectoria da intérprete que dá nome aos Premios de Teatro da AAAG.
María Casares, vida dunha actriz universal
Este ano celebramos a vixésima edición dos Premios de Teatro María Casares. E neste 2016, ademais, celébrase o vinte aniversario do seu falecemento. Percorremos a continuación -e brevemente- a súa intensa vida e longa traxectoria. A vida dunha actriz universal, dunha muller libre.
XXX Aniversario: A creación dos Premios María Casares
Evaristo Calvo era presidente entre os anos 1996 e 1997. Naquela altura, decidiuse crear os Premios de Teatro María Casares e o 27 de marzo de 1997 celebrouse a primeira gala dos galardóns do teatro. O premio de honra recibiuno Agustín Magán e Suso de Toro leu o primeiro Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro. Evaristo lembra o proceso de como naceron os premios. Trinta anos de asociacionismo no sector
Na primavera de 1985 nacía a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Iniciaba con ela o asociacionismo no ámbito das Artes Escénicas no noso país, un fenómeno impulsado por un grupo de pioneiros e pioneiras que puxeron os alicerces para un grande edificio para o noso sector. Un edificio en permanente construción, de medra constante malia todo altibaixo