Volver

Comunicado da AAAG respecto ao peche de RTVV

Tras o peche da televisión valenciana, a AAAG quere lamentar publicamente a noticia. Consideramos que é unha mala decisión que culmina unha mala xestión

Tras o peche da televisión valenciana, a AAAG quere lamentar publicamente este peche. Consideramos que é unha mala decisión que culmina unha mala xestión.: 1.-Que o peche da televisión valenciana débese á mala xestión, con nomes e apelidos, e parécenos inconcebible que nin se asuman nin se reclamen responsabilidades. 2.- Que con este peche perden: a) Un sector, o audiovisual (especialmente as actrices e os actores), que alí onde está ben xestionado é xerador de innovación tecnolóxica e dinamismo económico e creatividade. b) A sociedade, que perde unha via para desenvolver e ser protagonista das súas historias e non ser simplemente "consumidora". Perde capacidade Creativa, con maiúsculas. Quedamos ó dispor de quen corresponda para manifestos e accións comúns A nosa solidariedade cas actrices e actores de Valencia. amunt companys. E ca sociedade: nós tamén pagamos aquí os nosos impostos.