Asóciate!
Colabora na defensa e reivindicación da nosa profesión e benefíciate das vantaxes de ser parte da Asociación
- Quen pode afiliarse?
-
Actores/actrices, directores/as titulados en calquera Escola de Arte Dramática oficial ou centro recoñecido relacionado coa súa especialidade. Aqueles/as actores/actrices, directores/as que poidan demostrar mediante currículo a súa experiencia profesional no oficio.
- Que documentación teño que enviar?
-
Aquelas persoas que desexen formar parte da Asociación deberán cubrir a ficha de solicitude de alta que figura nesta páxina e enviala xunto cun currículo vitae, fotografías recentes e certificación de ter experiencia laboral como profesional (fotocopias de nóminas, contratos, certificados de empresa, TC’s, etc…) ou titulación en Arte Dramática á oficina da Asociación. A documentación aportada será valorada pola Xunta Directiva, sendo esta a que decida a integración na AAAG do solicitante.
- Cales son as cotas mensuais?
-
As actividades da Asociación susténtanse principalmente en base ás cotas abonadas trimestralmente por domiciliación bancaria polos seus socios (cun importe de 36 €, cunha cota de inscrición única para ser dado de alta de 40 € unha vez que o solicitante sexa aceptado coma socio pola Xunta Directiva), e tamén por axudas, legados, subvencións de organismos oficiais, entidades públicas ou privadas ou persoas individuais.