Asociación de Actores e Actrices de Galicia

Traballamos pola defensa e reivindicación dos intereses da nosa profesión na orde cultural, social e laboral. Asóciate

Novas e actividades

  • Universos para paseantes. Obradoiro de movemento con Rut Balbís. 12, 13 e 14 de xuño / Santiago de Compostela

    Co patrocinio da Fundación AISGE e a colaboración do Centro Dramático Galego convocamos este obradoiro no que queremos abrir un espazo ó reencontro co noso corpo, un corpo en constante cambio, convidándovos a unha práctica que nos leve dende o movemento máis consciente ó máis instintivo. Un tempo onde poidamos parar e escoitar, redescubrir e dar espazo ás nosas propias fronteiras corporais.

  • Publicadas no BOE as táboas salariais para o audiovisual 2023

    O pasado 7 de abril fíxose pública a resolución do 28 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se rexistra e publica o Acordo parcial polo que se aproba o incremento salarial para 2023 do III Convenio colectivo estatal regulador das relacións laborais entre os produtores de obras audiovisuais e os actores que prestan servizos nas mesmas, cifrado no 5,7%.

  • Os XXVII Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras

    >> ‘As que limpan’, de A Panadaría, faise con catro galardóns (espectáculo, dirección, actriz protagonista e texto orixinal) mentres que ‘O porco de pé’, de Producións Teatráis Excéntricas leva tres (adaptación-tradución, actor secundario e vestiario)

    >> ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’, do Centro Dramático Galego, acada dous premios (dirección de movemento e espazo escénico), igual que ‘Smoke on the water’, de Ibuprofeno Teatro (actor protagonista e espazo sonoro), e ‘O deus do pop, de Diego Anido (iluminación e tamén dirección de movemento)

    >> ‘A nena que vivía nunha caixa de mistos’, de Caramuxo Teatro, gaña no apartado de mellor espectáculo infantil e ‘Xela contra o Dragón Traga-verbas’, na nova categoría de espectáculos de monicreques, obxectos e figuras animadas

Ver máis

O blog da AAAG

Ver máis