O pasado día 15 de marzo publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución do 1 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta de revisión de táboas salariais para 2024 do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Publicadas no DOG as táboas salariais para o teatro 2022
O pasado día 27 publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución do 1 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta de revisión de táboas salariais para 2022 do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.
A partir do 1 de xaneiro entra en vigor a actualización de tarifas pactada na Mesa Paritaria do Convenio Colectivo de Actores e Actrices de Galicia
O acordo resultou nun incremento do 7% das tarifas actualmente vixentes aplicable o 1 de xaneiro de 2021, e outro incremento do 3% aplicable o 1 de xullo de 2021.
O sector escénico en Galicia conta dende este mes cunha guía de recomendacións fronte á Covid-19 que inclúe cribados e/ou probas ao elenco artístico
O Comité de Saúde Laboral do Convenio de Actores e Actrices de Galicia , conformado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT co asesoramento da Asociación de Actores e Actrices de Galicia por parte dos traballadores e Escena Galega e Axencia Galega das Industrias Culturais, acada un documento de consenso froito da colaboración colectiva
A AAAG reitera a necesidade garantir a seguridade dos actores e actrices nos escenarios tras as reivindicacións de Josep María Flotats
O convenio colectivo teatral: dez anos de negociación, seis de vixencia
A sinatura do Convenio Colectivo de Teatro, que foi publicado polo DOG en abril de 2009, culminaba un longo proceso de máis dunha década e daba resposta ás reivindicacións primixenias da AAAG: creábase ao fin un marco laboral para toda unha profesión.
Vídeo XXX Aniversario. O Convenio de Teatro