Volver

O Teatro Rosalía Castro, sede das VIII Xornadas sobre a Inclusión Social e a Educación nas Artes Escénicas

O Teatro Rosalía Castro do Concello da Coruña será a sede principal das VIII Xornadas sobre a Inclusión Social e a Educación nas Artes Escénicas, que se levarán a cabo na semana do 18 ao 24 de abril de 2016.

O Teatro Rosalía Castro do Concello da Coruña será a sede principal, e unha das oito institucións organizadoras, das VIII Xornadas sobre a Inclusión Social e a Educación nas Artes Escénicas, que se levarán a cabo na semana do 18 ao 24 de abril de 2016. Esta oitava edición terá como lema xeral de traballo ARTES ESCÉNICAS Y COMUNIDAD.

Teatro Rosalía Castro. Sede das VIII Jornadas sobre la Inclusión Social y las Educación en las Artes Escénicas

Estas Xornadas chegan en 2016 á Coruña coa intención de ser un revulsivo, un lugar de encontro e de debate para todos os profesionais que traballan neste campo en Galicia, á parte doutras zonas do norte de España e de Portugal. Tamén volverán asistir profesionais de toda España.

As Xornadas van contar con prestixiosos relatores internacionais e españois; obradoiros teóricos e prácticos, un espectáculo que se exhibirá no Teatro Rosalía Castro e numerosas actividades paralelas, concentradas en dous días.