O pasado 18 de marzo publicáronse no BOE as tarifas do traballo de interpretación no audiovisual
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
O pasado 18 de marzo publicáronse no BOE as tarifas do traballo de interpretación no audiovisual
A sede da SGAE en Santiago acollerá o vindeiro martes 8 de xullo ás 19.00 h este acto que estará moderado pola actriz Anabell Gago e que será de acceso libre tanto para os membros da profesión teatral e audiovisual como para o público xeral
A AAAG constituíuse en maio de 1985 e actualmente é unha asociación de carácter sindical conformada por máis de 320 profesionais da interpretación e da dirección de escena
As tarifas incrementaranse un 3,1% con efectos retroactivos ao 1 de xaneiro. Tras a súa publicación do BOE, xa podedes reclamar as empresas que vos contrataran este ano a correspondente suba das nóminas datadas en 2024.
Confírmase o acordo proposto polos mediadores no SIMA o pasado 29 de abril polo cal as táboas de 2024 serán actualizadas conforme ao IPC do ano anterior, un 3,1% con efectos retroactivos ao 1 de xaneiro. Tamén, para exercicios posteriores, acórdase unha actualización baseada no IPC do ano anterior, pero limitado entre o 1% e un 3,85%.
Xunto coa Associació d’Actors i Actrius, Directores i Directors Professional de Catalunya, organizamos unha sesión informativa sobre o Convenio colectivo do Audiovisual.
O pasado 7 de abril fíxose pública a resolución do 28 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se rexistra e publica o Acordo parcial polo que se aproba o incremento salarial para 2023 do III Convenio colectivo estatal regulador das relacións laborais entre os produtores de obras audiovisuais e os actores que prestan servizos nas mesmas, cifrado no 5,7%.
O pasado 11 de abril fíxose pública a resolución do 28 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se rexistra e publica o Acordo parcial polo que se aproba o incremento salarial para 2022 do III Convenio colectivo estatal regulador das relacións laborais entre os produtores de obras audiovisuais e os actores que prestan servizos nas mesmas.
>> O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o pasado xoves 24 de xaneiro as táboas salarias para o ano 2020 do Convenio colectivo estatal regulador das relacións laborais entre os produtores de obras audiovisuais e actores que prestan servizos nas mesmas. Podedes consultalas nesta ligazón.
>> Ademais, o martes 28 de xaneiro, publicou unha corrección de erratas para emendar un erro no tocante á categoría reparto en televisión. Pódese consultar nesta ligazón
O Boletín Oficial do Estado (BOE) vén de publicar as táboas salarias par ao ano 2017 do Convenio colectivo estatal regulador das relacións laborais entre os produtores de obras audiovisuais e actores