O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), organizado por Sarabela Teatro, celebrarase do 4 ao 14 de outubro cunha quincena de montaxes de cinco países, así como o IV Encontro Mulleres Creando e o curso O xogo, motor da creación. O encontro mantén un forte compromiso co teatro feito en Galicia
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia lamenta o falecemento de Xan Cejudo
AAAG amosa o seu apoio á comunidade educativa da ESAD e secunda as súas reivindicacións de equiparación á formación superior e fronte aos recortes no profesorado
A ESAD de Galicia denuncia os recortes da Consellería de Educación
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia difunde e apoia o comunicado remitido polo claustro de profesores e os representantes do alumnado da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Comunicado de apoio á manifestación a prol dos medios públicos
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) súmase ao Comunicado de apoio á manifestación a prol dos medios públicos, que terá lugar mañá sábado 8 de setembro que, organizada polos Comités de empresa de CRTVG e TVE-Galicia, partirá ás 10.30 h. das instalacións das televisións públicas en San Marcos e rematará en Praterías.
Para rescatar a dirección de EL CORREO GALLEGO da indecente ignorancia
Comunicado da AAAG ao respecto da lamentable portada de El CORREO GALLEGO: "Sen persoas comprometidas como Ernesto Chao non existiría esta a nosa profesión. Tampouco o sector teatral nin o audiovisual galego. Por suposto, tampouco sería a mesma a ficción televisiva. É dicir, EL CORREO débelle, ao igual que todos e todas nós, moito a Ernesto Chao."
A AAAG lamenta o falecemento de Ernesto Chao, pioneiro da escena e querido referente tanto para o público coma para a profesión
O actor forma parte da xeración que puxo en pé o teatro profesional en Galicia, fundou a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, foi o segundo director do CDG e desenvolveu unha das traxectorias de maior prestixio no noso oficio
Cariño celebra corenta anos de Mostra entre o 11 e o 17 de agosto con dez compañías galegas
Redrum Teatro, Baobab Teatro, Chévere ou Mofa e Befa levan os seus espectáculos a Mostra de Teatro Galego de Cariño que, neste 2018, acada a súa cuadraxésima edición
Ribadavia ofrecerá 21 representacións nunha 34ª edición que inaugurará o regreso de 'Commedia. Un xoguete para Goldoni'
O vindeiro sábado 14 de xullo comezará a 34ª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT Ribadavia) e a unha semana vista, repasamos a programación desta edición na que a AAAG colabora coa organización do curso de formación impartido por Laila Ripoll.