Volver

Publicadas no BOE as táboas salariais para o audiovisual 2022

O pasado 11 de abril fíxose pública a resolución do 28 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se rexistra e publica o Acordo parcial polo que se aproba o incremento salarial para 2022 do III Convenio colectivo estatal regulador das relacións laborais entre os produtores de obras audiovisuais e os actores que prestan servizos nas mesmas.

O acordo foi asinado o pasado 31 de xaneiro polas organizacións empresariais APCP, PATE, PIAF, PROA, PROFILM e AEC, en representación das empresas do sector, e polas organizacións sindicais UXT, CC. OO., Confederación Nacional de Artistas-Traballadores do Espectáculo ( CONARTE), na que se integra a AAAG, e a Unión de Actores e Actrices ( UAA), en representación dos traballadores do sector.

https://www.boe.es/eli/es/res/2022/03/28/(7)

Este convenio é de aplicación aos contratos de interpretación para a realización de obras audiovisuais que se celebren entre os produtores das mesmas e os actores/actrices que nelas interveñan, calquera que sexa o tipo de actuación que se fixe nas citadas obras audiovisuais, incluídas as de publicidade.

Tedes a táboa nesta mesma web https://aaag.gal/storage/resources/rates/attachment/03968e63-tarifas-audiovisual-2022.pdf