Volver

Masterclass de Nacho Vigalondo e Eduardo Chapero-Jackson

A Academia Galega do Audiovisual organiza o mércores 21 de decembro unha masterclass a cargo de Eduardo Chapero-Jackson, e outra para o xoves 22 que levará a cabo Nacho Vigalondo, ambas sobre as facetas da dirección de cine. Estas masterclasses, que terán lugar nas instalacións do Auditorio da Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura, van dirixidas a profesionais, estudantes e tódolos interesados en coñecer os elementos que integran unha produción cinematográfica. A duración de cada unha das sesión é de 4 horas, en horario de 16.00 a 20.00h. As prazas serán limitadas para garantir a calidade das masterclasses.

Ao longo do mércores 21 de decembro, traballarase da man de Eduardo Chapero-Jackson, director de moda do cine español tras sorprender con “Verbo”, que desentrañará as técnicas de rodaxe, efectos e dirección de actores desta película e da súa premiada carreira no mundo das curtametraxes.

O xoves 22 será a quenda de Nacho Vigalondo, nominado ao Óscar en 2004 pola curta “7:35 de la mañana”, e director de “Los Cronocrímenes” e “Extraterrestre”. O cineasta analizará secuencias da súa última película e doutros filmes de directores consagrados, estudiando o porqué das decisións que hai detrás de cada plano.

Podedes facer a inscrición enviando o formulario adxunto na sección descargas a info@academiagalegadoaudiovisual.com.

Máis información na páxina web da Academia