Volver
Picassos Animados
Sinopse
Sinopse: Os personaxes de diferentes cadros de Pablo Picasso saen do lenzo, da pintura e móstrannos pequenos momentos cómicos das súas vidas.
Cada cadro está traballado con diferentes elementos narrativos, xa sexan monicreques, figuras ou outros obxectos, e están elaborados con distintos materiais coa intención de ter variedade plástica na proposta. Non imos falar da persoa de Pablo Picasso, non. Pero si divertirnos cos seus xogos e propostas da súa pintura.
Web:
www.titerescachirulo.galCandidaturas
- Espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas : Picassos Animados
Compañía
Títeres Cachirulo
Data estrea:
14/06/2023