Esta fin de semana, co festivo polo medio, varias son as compañías que estrean as súas novas producións teatrais para esta temporada. Fantoches Baj, Pérez&Fernández, Mofa e Befa ou Emedous presentan diante do público os seus novos espectáculos. Repasamos a continuación o calendario das compañías que contan cos nosos asociados e asociadas nos seus elencos.
'Cranios privilexiados', de Mofa e Befa.
Cranios Privilexiados... ou Crítica da Razón Perralleira conta coa dirección de Carlos Santiago, a dirección de Arte de Natasha Lelenco, o espazo lumínico corre a cargo de Octavio Más e os textos orixinais son obra de Pepe Sendón e mais Carlos Santiago. Mofa e Befa sométense a un duro exercicio espiritual poñendo en cuestión a súa propia filosofía escénica: o perralleirismo, unha filosofía baseada no principio de que todo problema ten solución, e se non a ten, non queda outra que inventala. Nesta incursión destemida nos camiños da filosofía, todo son preguntas. Será que se pode atopar unha resposta perralleira ás grandes preguntas da humanidade? Son os cómicos seres pensantes ou só o parecen? Hai vida antes da morte? Para que serve un concepto nunha comedia? Que é mellor, saber ou non saber o que fai a veciña do lado polas noites?
ESTREA: Hoxe, mércores 11, ás 20.30 h no Auditorio Municipal de Ourense. (Dentro da programación do FITO)
VINDEIRAS FUNCIÓNS: Sábado 14 de outubro no Teatro da Beneficencia de Ortigueira // Xoves 19 de outubro no Auditorio Municipal de Vigo
'Aguratrat', de Perez&Fernandez
Aguratrat é unha adaptación teatral do libro Esio Trot de Roald Dah, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal. É unha fermosa historia de amor e aventuras protagonizada por dous persoas maiores, o señor Hopy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, un personaxe clave que dá título a esta obra protagonizada por Manu Fernández, Victoria Pérez e Xosé Leis.
ESTREA: Mañá, 12 de outubro, ás 18.30 horas no Fórum Metropolitano.
'Os golfiños e o xigante', de Fantoches Baj
ESTREA: Domingo, 15 de outubro, ás 12.30 horas no Edificio da SGAE de Santiago
'Contacreques', de Eme2
ESTREA: Este domingo, ás 18.30 horas, no Auditorio Municipal de Narón.