Volver

Taller de Movemento con Rut Balbís

Coa colaboración de AISGE, a AAAG convoca este obradoiro dirixido a actores e actrices que desexen profundar no traballo de corpo e movemento, ademais de buscar un ollar diferente na creación contemporánea

.O obradoiro ten como principais focos de traballo a consciencia corporal e activación sensorial, a busca dos límites corporais e do movemento dentro do concepto risco, as imaxes escénicas como expresións metafóricas e os tempos lentos como dilatación do espazo.

As sesións partirán dunha exploración persoal das posibilidades corporais por medio do traballo de chan, do contacto e tamén de partes coreográficas, para pasar a unha segunda parte de procura de calidades de movemento e construción de pequenas composicións escénicas.

Datas e duración:

O obradoiro ten unha duración de 16 horas, repartidos en 4 sesións en 3 días:

6 de decembro de 16:00h-20:00h; 7 de decembro de 10:00h.-14:00h e de 16:00h.-20:00h; 8 de decembro de 10:00h-14:00h.

Lugar:

Local de Asociación Gallaecia in Armis en Santiago de Compostela. Av. de Lugo, 199,15703 Santiago de Compostela https://goo.gl/maps/EvUXBPiKto22

Prezo:

60 euros socixs da AAAG e/ou AISGE. 90 euros non socixs

Prazas e selección de candidatos:

Este obradoiro ten 10 prazas. A selección realizarase por currículo.

Inscrición:

Do 20 ao 30 de novembro, á 15h. enviando este formulario de inscrición debidamente cuberto, xuntando curriculum vitae á caixa de correo info@aaag.es ou a través do formulario ao pé deste texto

A docente

Preséntase Rut Balbís (Ourense, 1979) como emerxente creadora da escena contemporánea nacional. Vén desenvolvendo a súa traxectoria profesional á fronte da súa propia formación, Pisando Ovos, creada en 2005 xunto a David Loira, e dirixida por ela en solitario na actualidade.oa súa compañía estreou varias montaxes como N8 OHX, Non intre 1800 (que obtivo o primeiro premio do Certame Coreográfico de Madrid 2007), 30000 que conta con dirección de Damián Muñoz e foi coproducida polo Centro Coreográfico Galego, Menos 1, Tres e recentemente Que volvan as flores. Pisou algúns dos máis destacados festivais nacionais e internacionais como son Escena Contemporánea, Dansa València, o TAC de Valladolid, o SAT de Barcelona, o Bassano Festival de Italia, Feria do Libro La Habana, Operaestate Festival Veneto e o MOVS.

Licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Rut Balbís formouse en danza contemporánea en Londres en The Place, realizando One Year Certificate. Traballou con profesionais e formacións da talla de Iker Gómez, Chévere, Ónfalo Teatro ou Traspediante, entre outras compañías. Na actualidade, mantén unha estreita colaboración artística con Matarile Teatro ou Licenciada Sotelo ou Cristina Montero. A moza bailarina e coreógrafa, tamén desenvolve labores pedagóxicas na aula de Teatro da Universidade da Coruña e no club Acordes de Oleiros. Imparte habitualmente seminarios e obradoiros relacionas coa educación física.

Durante o 2012 participou no proxecto CHOREOROAM, formando parte aquel ano do colectivo de coreógrafos europeos The Hunter Lodge