Volver
A gata con zocos
Sinopse
A GATA CON ZOCOS é unha comedia musical baseada no conto tradicional O GATO CON BOTAS. Recupérase a figura orixinal dunha gata máxica do conto de Perrault. Este espectáculo está pensado para ser realizado con banda de música, sendo esta particularidade un dos seus atractivos.
O señor HERDEIRO DE CARABÁS, recibe do seu finado pai un circo en bancarrota, no que recae unha hipoteca que manexa DON CASIO. O pobre HERDEIRO vese abandonado polos músicos e músicas da súa banda e até polas artistas do circo (interpretadas por títeres de mesa). A GATA, que tras adquirir poderes máxicos calzando uns zocos, comeza a realizar unha serie de artimañas para converter ó HERDEIRO no grande MARQUÉS DE CARABÁS. Convence ó pobo, ó público, á banda... de que o MARQUÉS é un home riquísimo!! O poucos todo volta ó seu lugar...unha GATA moi gatuna que reivindica os dereitos das felinas! MIAU!
Web:
https://acovadasletras.wordpress.com/Candidaturas
- Espectáculo Infantil : A gata con zocos
- Actor Protagonista : Anxo García
- Actriz Protagonista : Cristina Collazo
- Maquillaxe : María Peinado
- Vestiario : La Canalla
- Iluminación : Fidel Vázquez
- Escenografía : Anxo García
- Música Orixinal : Manuel Paino
- Adaptación/Tradución : Cristina Collazo
- Dirección : Cristina Collazo e María Peinado
Compañía
A COVA DAS LETRAS
Data estrea:
6 de xaneiro do 2018
Contacto
- cristina.collazo.gomez@gmail.com
- 646383305