The Tropical Band
Volver

Tropical

Sinopse

TROPICAL é un espectáculo sensitivo, universal e evocador que mergulla no universo da viaxe e na súa vasta riqueza de matices e dimensións. Un navío habitado por viaxeiros con destinos entretecidos. Turistas, migrantes, músicos e refuxiados custodiados por unha vixiante e dilixente tripulación. Do norte ao sur nun cruceiro sedutor e do sur ao norte fuxindo da fame e dos cascallos. Desde a ironía e o absurdo, TROPICAL reflicte situacións que se están a producir non moi lonxe do noso recuncho de calma e tranquilidade. Na terra, paisaxes de guerras e muros. No mar, infinitas historias, desexos e soños que se cruzan. Ao ritmo das ondas, este barco invita a subir a bordo para navegar o presente cunha nova mirada. Cunha linguaxe visual asentada na imaxe, no movemento, na música e na danza, TROPICAL é a procura da poética da viaxe desde unha Europa que naufraga no Mediterráneo.

Web:

http://elefanteelegante.net/GL/espectaculo-detalle/tropical

Candidaturas

  • Espectáculo : Tropical
  • Actor Protagonista : Gonçalo Guerreiro
  • Actor Protagonista : Fredi Muíño
  • Actriz Protagonista : María Torres
  • Actriz Protagonista : Ánxela Blanco
  • Actriz Protagonista : Marta Alonso Tejada
  • Vestiario : Beatriz Clara
  • Iluminación : Dani Pais
  • Escenografía : María Torres e Gonçalo Guerreiro
  • Música Orixinal : Gonçalo Guerreiro, Antonio Romero, Rosalía Vázquez, Richi Casás, Iago Blanco, Kibitka, Juanma Ons e Manuel Ares
  • Texto Orixinal : María Torres e Carlos Diz
  • Dirección : María Torres e Gonçalo Guerreiro

Compañía

Elefante Elegante

Data estrea:

17/02/2017

Contacto

Descargar programa