Volver

O Festival de Cans recibe 164 producións galegas entre curtas e videoclips para a décima edición

Dez anos de agroglamour. Nesta décima edición do Festival de Cans, o certame xa recibiu 164 producións audiovisuais.

O Festival de Cans recibiu este ano 164 producións galegas para compoñer a súa programación, unhas cifras practicamente idénticas ás do ano pasado, cando se recibiron 166. A organización valora moi positivamente a participación tendo en conta o actual contexto de crise económica e de escaseza de axudas á produción. Recibíronse 82 curtametraxes de ficción, 14 de animación, 56 videoclips e 12 pezas doutros xéneros. A organización está a ver os traballos recibidos, cos que se confeccionará a selección definitiva para a sección oficial e seccións paralelas da décima edición do Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio.

O número de curtas recibidas superou as expectativas da organización. A cifra é moi importante se temos en conta que o festival se nutre só de producións feitas en Galicia ou por directores e directoras galegas. Demóstrase así que a pesar do difícil que consiste neste momento conseguir financiamento para a produción de curtametraxes, con escaso apoio das administración, os novos creadores audiovisuais seguen apostando por crear e exhibir os seus traballos.

Toda a info na súa web www.festivaldecans.com