Volver

Convócase a sétima edición do Premio “Diario Cultural” de Teatro Radiofónico

O programa da Radio Galega Diario Cultural lanza unha nova edición deste singular certame dramático.

A sétima edición do Premio de Teatro Radiofónico desenvolverase ao longo dos meses de abril, maio e xuño de 2013. O xurado, integrado por profesionais do mundo da escena e da radio, seleccionará dos orixinais presentados as obras finalistas que serán dramatizadas para a súa emisión por un elenco de actores e actrices. As dramatizacións emitiranse ao longo do mes de xuño nos distintos programas da Radio Galega. Entre as emitidas o xurado escollerá a obra galardoada co Premio do Xurado e a audiencia votará a obra que recibirá o Premio do Público. Cada un dos premios está dotado economicamente con 3.000 euros. Podedes consultar as bases no adxunto, na sección descargas, á dereita desta nova.