Volver

“Cobradores do Frac” visitan a Axencia Galega das Industrias Culturais

Esta mañá profesonais das Artes Escénicas e do mundo da Cultura en xeral, concentráronse, vestidos de cobradores do frac na sede da AGADIC convocados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e pola Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega).

Esta é a primeira dunha serie de accións que pretenden levar a cabo ante a grave situación na que se atopan as empresas e traballadores do sector.

A ausencia dunha política cultural e a mala xestión da Administración, que está aproveitando a actual crise económica para desmantelar o sector; a morosidade no pagamento das facturas ás empresas do ámbito escénico que acumulan atrasos superiores aos seis meses, a demora na publicación no DOG da resolución das axudas á produción, distribución, continuidade escénica e compañías residentes e a hipoteca dos orzamentos de 2011 con cargo ao ano seguinte, son para os representates destas Asociacións, os motivos que están abocando ao peche a case 200 empresas e poñendo en risco de desaparición máis de 2000 postos de traballo entre actores, directores, bailaríns, técnicos, produtores, dramaturgos, escénografos, figurinistas, iluminadores, atrezistas, músicos, etc

O Presidente de Escena Galega e representantes da AAAG leron un manifesto coas súas principias reivindicacións.Ante a negativa inicial de recibir a ditos representantes e despois dunha hora de espera, o Director da Agadic accedeu a reunirse coas Xuntas Directivas desta Asociacíóns que expuxeron, unha vez máis, a drámatica e insostible situación na que se atopan as artes escénicas e a cultura galega.

Tras escoitar estas reivindicacións, o Director da AGADIC manifestou que están a facer” todo o que está na súas mans” e que farán fronte ás débedas ”cando se poida”. Ante esta pasividade e mostra de desprezo, os profesionais do sector anuncian continuar coas mobilizacións.

Na prensa

El mundo Galicia confidencial Faro de Vigo El Correo Gallego