Volver

Xuntanza entre a AAAG e a Deputación da Coruña sobre o XX aniversario dos Premios María Casares

Etiquetas:

A vicepresidenta da AAAG, Mabel Rivera, reúnese con Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación, para buscar vías de colaboración ao redor da efeméride

A vicepresidenta da Asociación, Mabel Rivera, reuniuse este mércores con Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña para tratar algunhas das liñas de actuación que dende a Asociación andamos a pefilar de cara á reivindicación e difusión da figura da actriz María Casares, quen dá nome aos nosos Premios de Teatro. Neste 2016, celebrase a vixésima edición e aproveitando tal efeméride, dende a AAAG búscase pór en valor o traballo e a figura dunha actriz galega universal.

Esta xuntanza foi unha primeira toma de contacto para estudar e intercambiar opinións sobre os posibles actos que dende a AAAG se están a preparar. Na reunión participou unha delegación da AAAG, encabezada por Mabel Ribera e pola xerente Marta Horjales.