Volver

Aumenta a presenza do audiovisual galego na Galipedia trala wikimaratón de Pontevedra

Trinta persoas participan na xornada da Galipedia destinada aos contidos da televisión e o cine galegos coa participación da Academia Galega do Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Trinta persoas fixeron medrar onte o número de entradas sobre o sector audiovisual galego na wikimaratón organizada pola Galipedia e a Academia Galega do Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, en Pontevedra. No inicio da xornada os responsables da enciclopedia galega en rede, Elisardo Juncal e Adrián Estévez explicaron cal era a filosofía para ser editor na Galipedia e tamén os procedementos para facelo. Tralos primeiros pasos, comezou o traballo práctico, actualizando algunhas entradas e iniciando outras novas de nomes relacionados co sector audiovisual en Galicia.