Volver

Presentación da Plataforma das Artes Escénicas

Hoxe tivo lugar a presentación da Plataforma das Artes Escénicas de Galicia, na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, na que está integrada a AAAG.

Nela falouse da representatividade da plataforma, posta en dúbida desde as administracións, informouse das conclusións da xuntanza mantida co Secretario Xeral de Cultura e o director da AGADIC do pasado 22 de Maio, e presentouse a iniciativa Cultura contra a Mentira da que tedes máis información aquí.

A nova na prensa: europapress

Na sección descargas, á dereita da nova, tedes o manifesto da plataforma lido o día mundial do teatro

A Plataforma está integrada pola AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia), Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas), DANESGA (Asociación Profesional de Danza Escénica Galega), Salas De Teatro Privadas, AFEARTE (Asociación de Festivais de Artes Escénicas), ASILGA (Asociación de Ilusionistas de Galicia), UNIMA GALICIA (Unión de Marionetistas de Galicia), Asociación Alumn@s da ESAD, APCG (Asociación de Profesionais do Circo de Galicia), e conta co apoio, entre outros, de AGAG (Asociación Galega de Guionistas), Revista Núa, Revista Galega de Teatro, Asociación de Amigos do Teatro de Vigo,