
Volver
Continente María
Sinopse
Continente María é un canto á vida e ao teatro a través do diálogo coa extraordinaria figura de María Casares.
Mediante as múltiples posibilidades que nos ofrece o teatro, evocamos a María
non só como a inesquecible actriz que foi, senón tamén como o ser humano
que se entregou con absoluta intensidade á vida e á escena para vencer o medo
e sobrepoñerse ao exilio, descubrindo nas táboas a súa verdadeira patria.
A Casares preséntasenos como un mapa a percorrer, mais non como turistas,
senón como viaxeiras curiosas, gozando dos detalles que nos proporciona a
súa paisaxe, chea de vitalidade e ganas de vivir en presente absoluto todo o
que a realidade e a poesía nos pode ofrecer. Un mapa dun Continente inabarcable
no que queremos permanecer porque estamos seguras de que vivir nel
nos fará mellores, como individuos e como sociedade.
Conversamos co legado de María tratando de recoller a retranca, o humor e a
musicalidade que se desprende das súas entrevistas e escritos, que se descobren
ante nós como un faro que dá luz e claridade a un presente que precisa
referentes de liberdade e compromiso.
Espectáculo co-producido xunto ao Concello da Coruña e o Centro Dramático Galego
Web:
https://continentemaria.gal/Candidaturas
- Espectáculo : Continente María
- Actor Secundario : Vadim Yukhnevich
- Actriz Protagonista : Melania Cruz
- Vestiario : Laura Baena
- Iluminación : Laura Iturralde
- Texto Orixinal : Marianella Morena e Tito Asorey
- Dirección : Tito Asorey
- Espazo sonoro : Vadim Yukhnevich
- Espazo escénico : José Faro "Coti"
Compañía
Ainé Producións e A Quinta do Cuadrante
Data estrea:
16/05/2022