Volver
Así que pasen cinco anos
Sinopse
Que deleite extraordinario produce ler, poñer en
escena e ver obras coma Así que pasen cinco
anos! Que experiencia mergullarnos no autor visual
de fondura única! Lendo a obra (esta é a invitación)
podemos habitar os mobles: a mesa onde se
agochou a tristeza; participamos da ollada incapaces
de descubrir a paixón; da marabilla do inacabado
ou do que non se pode acadar. O amor sabe de
ausencias e de medos, desde o tempo da incerteza
ata a eternidade das rochas. O amor non é un desexo
senón todos os desexos. O mundo non é o que
parece e o tempo corre cara á morte.
Candidaturas
- Actor Secundario : Xavier Estévez Premiado/a
- Adaptación/Tradución : Ánxeles Cuña Bóveda Premiado/a
- Dirección : Ánxeles Cuña Bóveda Premiado/a
- Escenografía : Suso Díaz Premiado/a
- Espectáculo : Así que pasen cinco anos Premiado/a
- Vestiario : Teté Seoane Premiado/a
Compañía
Sarabela Teatro