ESCENA PREHISTORIA
Volver

Revolta

Sinopse

Os primeiros prehistoriadores, que só eran homes, pensaron que nese período ocorría o mesmo que na súa sociedade, é dicir, que as mulleres eran inferiores aos homes. A peza é unha viaxe que cuestiona a nosa aprendizaxe facendo paradas nas iconas máis representativos para sometelos ás últimas teorías sobre a evolución humana ou lanzar luz sobre os episodios máis escuros da nosa historia. A través de escenas delirantes, as últimas achegas históricas que reconducen a visión machista que nos contaron. Entrevistando a Lucy (a primeira homínida), para conocer de primeira man como era a sociedade paleolítica. Elena Francis, a voz da radio española da ditadura que lle servía ao réxime para instruír ás mulleres. Todas estas paradas sen deixar atrás a teoría de Lynn Margulis, que demostrou que Darwin estaba equivocado, con todo todas coñecemos o nome de Darwin e non de Margulis. Para restablecernos como humanidade igualitaria temos que revisar con mirada crítica o que xa sabiamos a través do humor, nunca desde a mala conciencia ou a culpa, senón desde un campo historicamente masculino: a comedia.

Web:

https://www.instagram.com/juanitoyfilomena/

Candidaturas

  • Espectáculo : Revolta
  • Actriz Protagonista : Arantxa Treus
  • Actriz Protagonista : Rocío Romero
  • Vestiario : As Dúas e Punto
  • Iluminación : Alex Sobrino
  • Texto Orixinal : Arantxa Treus, Irene Moreira, Rocío Romero
  • Dirección : Irene Moreira
  • Espazo sonoro : Alex Gayoso
  • Espazo escénico : As Dúas e Punto

Compañía

Cía. Juanito&Filomena

Data estrea:

10/03/2023

Contacto