Iphixenia na porta do súper. Fotografía de Fran Peleteiro.
Volver

Iphixenia na porta do super

Sinopse

Iphixenia, unha nini de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Unha noite coñece a un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación estraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará á protagonista a sufrir unha grande perda. Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar ós deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara a sociedade que a marxina. Unha personalidade magnética, directa, que nos amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tralas colas na atención primaria, recorte de camas hospitalarias, ausencia de médicos.. Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.

Web:

https://www.compañiahumana.com

Candidaturas

  • Espectáculo : Iphixenia na porta do super
  • Actriz Protagonista : Alba Caneda
  • Iluminación : Carmen Casal e María Torres (As Dúas e Punto)
  • Adaptación/Tradución : Fran Peleteiro, Alba Caneda e Sara Rey
  • Dirección : Sara Rey
  • Espazo sonoro : Marcos Grandal
  • Espazo escénico : Carmen Casal e María Torres (As Dúas e Punto)

Compañía

Compañía Humana

Data estrea:

17/03/2023

Contacto

Descargar programa