Volver

A Asociación de Escritoras e Escritores en lingua Galega premia a AAAG

Etiquetas:

A Asociación Escritoras-es en Lingua Galega, AELG, vén de outorgar o seu Premio «Os Bos e Xenerosos» que este ano vai para distintos axentes da xeografía escénica galega, entre eles, a AAAG.

A Asociación Escritoras-es en Lingua Galega, AELG, vén de outorgar o seu Premio «Os Bos e Xenerosos» que este ano vai para distintos axentes da xeografía escénica galega, que son:

A compañía Sarabela Teatro, dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda recibirá o premio como agrupación profesional.

Achádego de Lugo, que cumpre 25 anos neste 2014, será recoñecida polo seu traballo no teatro amador.

A Asociacion de Actores e Actrices Galicia, en nome de todos e todas os que contribuíron ao desenvolvemento da escena galega.

A Editorial Laiovento e o proxecto Casahamlet son outros dous proxectos que merecen destaque da AELG. Tamé queremos destacar o Premio AELG 2014 "Institucións Culturais" a Buxiganga Proxecto Teatral entre outros. No caso da AAAG, o que se nos dixo foi que despois de deliberar sobre persoas concretas chegaron á conclusión de que premiar a unha persoa soa podía ser parcial, e premiar á AAAG era unha forma de premiar a todas e cada unha das actrices e actores que traballamos en Galicia, porque independentemente da historia e do momento profesional de cada un, todas, todos, co noso traballo, imos facendo escena e teatro en Galicia. Por iso nos dan o premio, por actrices e por actores máis que por asociación. Así, dende este punto de vista, a asociación serve de catalizadora, neste caso, dun recoñecemento. Parabéns a todas e a todos por este premio que esta xunta directiva pensamos que merecedes. O noso agradecemento a AELG. E os nosos parabéns ós outros premiados.