Nosa señora das nubes (foto Jacobo Gayo)
Volver

Nosa Señora da Nubes

Sinopse

Nosa Señora das Nubes, escrita por Aristides Vargas, céntrase no encontro de dous personaxes expatriados  nun espazo e tempo indeterminado. Por medio de lembranzas confusas e memorias fragmentadas os personaxes buscan recuperar as historias vividas na súa patria, a lonxana  Nosa Senñora das Nubes. Un texto poético e cheo de humor que nos fai reflexionar sobre as ditaduras, as guerras , o exilio e o desarraigo tan presentes no noso tempo. Sobre a peza Unha das obras máis conmovedoras do momento que nos fai reflexionar sobre o exilio e os desprazados do mundo; A nosa Señora das Nubes do arxentino Arístides Vargas. A peza gañadora de 2 premios internacionais e que ademais obtivo 3 nominaciones ao Premio Municipal Caracas 2014, cóntanos a historia de dous exiliados que se atopan e descobren a dor e a soidade polo alonxamento da súa propia terra. Oscar e Bruna dous personaxes que constantemente van alternando entre as memorias do pasado e o presente, onde comparten anécdotas da súa experiencia como exiliados; os seus soños, necesidades, frustracións, desexos, amores, esquecementos e relembranzas. Unha obra que vai máis aló do exilio, que significa non só a perda dun país, senón do exilio da relixión, dos afectos, dos animais, e ata de nós mesmos. A nosa Señora das Nubes é un pobo que só existe na memoria dos expatriados, trazando un mapa da experiencia da diáspora como unha condición existencial de desarraigamento, neste caso inspirada pola historia do exilio latinoamericano No pobo da nosa Señora das Nubes está presente o realismo máxico, o real marabilloso latinoamericano, o non realismo, a posmodernidade, o traballo do imaxinario, a poesía en acción..

Candidaturas

  • Espectáculo : Nosa Señora da Nubes
  • Actor Secundario : Mundo Villalustre
  • Actor Protagonista : Celso Parada
  • Actriz Protagonista : Josi Lage
  • Maquillaxe : Teatro do Morcego
  • Vestiario : Carlos Alonso
  • Iluminación : Celso Parada
  • Escenografía : Carlos Alonso
  • Música Orixinal : Pablo Costas
  • Adaptación/Tradución : Celso Parada
  • Dirección : Celso Parada

Compañía

Teatro do Morcego

Data estrea:

12/03/2016

Contacto

Descargar programa