Listo Para Sentenza
Volver

Listo para Sentenza

Sinopse

España. Futuro próximo. Soutelo é un respectado home de negocios, propietario do Grupo Petrogal e de varias empresas líderes en diversos sectores. Soutelo é considerado pola revista “Forbes” un dos homes máis ricos do mundo. Un exemplo dun home feito a si mesmo, de como a partir dun golpe de sorte, o achado dun xacemento petrolífero na horta familiar, construíu o lucrativo conxunto empresarial máis importante de Europa. O nome do empresario foi relacionado con algún dos casos de corrupción máis relevantes do país sen que tivese que render contas coa xustiza. Ata o momento... Pero, chegaremos a saber quen é realmente Soutelo? Listo para sentenza non é un relato histórico, senón unha comedia sarcástica que podería ter acontecido... ou, quen sabe? quizais aconteceu e aínda non o descubrimos.

Web:

www.triatreros.com

Candidaturas

  • Espectáculo : Listo para Sentenza
  • Actor Protagonista : Suso Pando
  • Actor Protagonista : Omar Ferrín
  • Maquillaxe : Triatreros Teatro
  • Vestiario : Elvira Fernández
  • Iluminación : Laura Romero Iturralde
  • Escenografía : Laura Romero Iturralde
  • Música Orixinal : Davide González
  • Texto Orixinal : Sergio Macías
  • Dirección : Davide González
  • Actriz Protagonista : Beatriz Campos
  • Actor Protagonista : Martín Martínez

Compañía

Triatreros Teatro

Data estrea:

6-10-16

Contacto