Eloxio da duración. Taller de investigación escénica con Pablo Messiez

Do 10 ao 14 de xuño en Santiago de Compostela. Dirixido a actrices, actores, e a toda persoa interesada na escena.

Os membros da AAAG e/ou AISGE terán preferencia na admisión.

Presentación, por Pablo Messiez

La idea de estos cinco encuentros es ocuparnos de dos cuestiones. Por un lado, entrenar la atención en ejercicios de preparación para la escena.

Por otro, improvisar poniendo los cuerpos en relación con el espacio, la mirada y la palabra, teniendo a la duración como guía. Es decir, procurando darle tiempo al tiempo para que la relación con los distintos materiales nos revele su naturaleza.

Pensar entonces la escena como el devenir de un cruce de materiales cuya resonancia aún desconocemos, en vez del lugar en donde efectuar el acto que ya hemos decidido antes de entrar. A ver si en esa entrega del cuerpo al presente -o en ese deseo- podemos tal vez sentir "el escalofrío de la duración".

Claro que, como siempre, “vamos a no llegar, pero vamos a ir”.

O docente

Actor, autor e director de teatro. Nado en 1974 en Bos Aires, desde o ano 2009 vive e traballa en Madrid.

Entre os seus textos destacan Los ojos, Las Canciones, Todo el tiempo del mundo ou La voluntad de creer.

Ademais destas e outras obras da súa autoría, puxo en escena textos de Samuel Beckett, Federico García Lorca ou Jean Genet, entre outros.

No ano 2015 recibiu o Premio Max á mellor dirección pola súa montaxe de La piedra oscura, de Alberto Conejero, para o Centro Dramático Nacional. No 2018 resultou finalista dos Premios Valle Inclán pola súa posta en escena do texto de Santiago Loza He nacido para verte sonreír para o Teatro de la Abadía. E este ano, a súa montaxe La voluntad de creer gañou o Premio Max e o Premio Godot á mellor obra do ano, ademais do Premio Godot ao mellor texto. Ademais aspirou en calidade de finalista ao premio á mellor dirección da Asociación de Directores de Escena de España.

Paralelamente ao seu traballo como dramaturgo e director de escena, foi desenvolvendo a súa actividade docente en diversas institucións como a Universidade Carlos III de Madrid, a sala Beckett de Barcelona, a Universidade Menéndez Pelayo de Santander ou o Centro Cultural Ricardo Rojas da Universidade de Bos Aires.

Publicou Asymmetrical- Motion; Notas sobre pedagogía y movimiento, en co-autoría con Lucas Condró; Las palabras de las obras, libro que recompila unha parte dos seus textos; El tiempo que estemos juntos, Las canciones, El texto infinito e La voluntad de creer, editados por Continta Me Tienes.

A súa última obra, Los gestos, estreouse o pasado 1 de decembro no Centro Dramático Nacional e atópase actualmente de xira.

Datas e duración:

Do luns 10 ao venres 14 de xuño en horario de 11h a 14h.

15 horas

Lugar:

Sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela. Rúa das Salvadas 2A. MAPA

Prazas e selección do alumnado:

Este taller ten 22 prazas activas e 6 de oíntes. A selección farase por sorteo entre as persoas inscritas. Terán preferencia os membros da AAAG e/ou AISGE.

Os participantes deberán traer aprendido algún texto da poeta uruguaia Idea Vilariño. A súa poesía completa está editada por Lumen:

https://www.penguinlibros.com/es/poesia/281706-libro-poesia-completa-9788426423276

Inscrición:

Dende o 29 de abril, luns, até o 26 de maio, domingo, mediante o formulario que figura na parte superios desta páxina

Se es membro da AAAG, só tes que iniciar a túa sesión na páxina e premer “inscribirme” no formulario. O taller aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.

Reserva de praza e forma de pago

Comunicarase a lista de admisión a tarde do luns 27 de maio. De rexistrarse máis solicitudes que prazas, constituirase unha lista de espera.

Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma e data de pagamento. No caso de que algunha das persoas admitidas non o efectúe antes do luns 3 de xuño ás 12h, a súa praza será adxudicada á seguinte persoa na lista.

De non acadar solicitudes suficientes, a organización poderá suspender a realización do taller.

Prezo:

Socixs AAAG e /ou AISGE: 100 euros (praza activa) 50 euros (oínte)

Se levas en paro 6 meses ou traballaches 10 días ou menos nese tempo, o prezo será de 80 euros (activa) / 40 euros (oínte). Terás que presentar documentación que xustifique a situación para acceder a este desconto, exclusivo para o corpo asociativo da AAAG

Non socixs: 160 euros

Foto: Laia Nogueras