• GL
  • ES
  • Acceso ás votacións

Menú principal

Premios María Casares
  • Os premios
  • Edición actual
  • Todas as edicións
  • Novas

Edicións

  • Todas as edicions
  • Premiad@s
  • Todos os espectáculos
XXVI Edición | 2022

XXVI Edición | 2022

No centenario do nacemento de María Casares, un coro de actrices en escena fixo uso dos textos da súa autobiografía para convertelos en diálogos, teatralizándoos e xogando con eles, mesturando o formato gala (os premios), co teatro documento, o teatro poético e a performance.

  • XXV Edición | 2021

    Unha troupe interxeneracional celebrou a resistencia presencial do teatro. A MITCF de Cangas recibiu o Premio de Honra Marisa Soto

  • XXIV Edición | 2020

    Unha edición atípica, na que a gala se tranformou nunha peza audiovisual. Foi gravada en outubro do 2020 no Salón Teatro de Santiago de Compostela e no Pazo da Cultura de Narón, onde se fixo entrega do Premio de Honra Marisa Soto a Flor Maceiras

  • XXIII Edición | 2019

    A gala dos XXIII Premios de Teatro María Casares estivo dirixida por Juanillo Esteban e Carlos Sante, quen idearon un espectáculo inspirado no Imperio Romano no que se mesturaron técnicas tearais e circenses.

  • XXII Edición | 2018

    Talía Teatro e o Coro Encaixe ofreceron o espectáculo deste ano. Rosa Álvarez, socia nº1 da AAAG, premio de honra Marisa Soto.

  • XXI Edición | 2017

    Una gala cantada e bailada por Pepo Suevos e compañía, na que Eduardo Alonso recibiu o seu Premio de Honra Marisa Soto.

  • XX Edición | 2016

    Fomos celebrar este ritual da representación. A Revista Galega de Teatro recibiu encantada o Premio de Honra Marisa Soto.

  • XIX Edición | 2015

    María Torres e Gonçalo Guerreiro codirixiron a gala desta edición, na que Vicente Montoto recibiu o Premio de Honra Marisa Soto

  • XVIII Edición | 2014

    O teatro homenaxea co Premio de Honra a 'Pico'. Ibuprofeno conduciu unha gala na que 'Eurozone' foi a montaxe máis aclamada

  • XVII Edición | 2013

    Os actores Marcos Orsi e Xúlio Abonjo foron os encargados de conducir a cerimonia, interpretando os seus coñecidos personaxes Ratman e Bobyn

  • XVI Edición | 2012

    O Presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, leu o Manifiesto Galego do Día Internacional do Teatro nesta edición

  • XV Edición | 2011

    Un total de 16 espectáculos optaron ás catorce categorías da 15ª edición dos Premios María Casares de Teatro

  • XIV Edición | 2010

    A compañía Voadora encargouse da dirección da Gala. Gonzalo M. Uriarte foi recoñecido co Premio de Honra

  • XIII Edición | 2009

    Na XIII edición dos María Casares, 'Unha primavera para Aldara' foi o mellor espectáculo. A xornalista Ana Romaní, Premio Marisa Soto

  • XII Edición | 2008

    'Noite de reis' do CDG recibiu o premio ao mellor espectáculo e un total de catro galardóns. Premio de Honra para Rubén García

  • XI Edición | 2007

    Na XI Gala dos María Casares, Concha Abad recibiu o Premio de Honra. 'A raíña da beleza de Leenane' de Teatro Do Atlántico, mellor espectáculo

  • X Edición | 2006

    'Tío Vania' de Factoría levou o Premio ao Mellor Espectáculo nunha gala na que Dorotea Bárcena recibiu o Premio de Honra

  • IX Edición | 2005

    Luis Álvarez Pousa recibe o Premio de Honra Marisa Soto. 'Fobias', Mellor Espectáculo. Celébrase o XX aniversario da AAAG

  • VIII Edición | 2004

    O Padroado da Cultura de Narón levou o Premio Marisa Soto. 'Así que pasen cinco anos' de Sarabela, fíxose co Premio ao Mellor espectáculo

  • VII Edición | 2003

    Foi a gala do Nunca Máis, do Non a Guerra e dos 25 anos de teatro profesional. 'Animaliños' levou o premio ao mellor espectáculo

  • VI Edición | 2002

    'Sexismunda' de Sarabela Teatro, levou o Premio ao Mellor espectáculo. A Fundación Teatro Principal de Tui recolleu o Marisa Soto

  • V Edición | 2001

    A Asociación Cultural Abrente recibiu o Premio de Honra Marisa Soto. 'O lapis do carpinteiro' de Sarabela, foi a obra máis premiada

  • IV Edición | 2000

    Manuel Gallart, cartelista do Teatro Colón, recibiu o Premio Marisa Soto. 'Si o vello Simbad volvese ás illas...", do Centro Dramático Galego, recibiu nove galardóns

  • III Edición | 1999

    Maruxa Villanueva recibiu o Premio de Honra Marisa Soto nunha gala na que 'Quid Pro Quo' foi escollida como mellor espectáculo

  • II Edición | 1998

    A obra 'Anxeliños' de Teatro do Aquí levou o Premio ao mellor espectáculo e 'Nano', de Teatro de Adro, fíxose co maior número de galardóns

  • I Edición | 1997

    A primeira entrega dos Premios María Casares celebrouse no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Agustín Magán recibiu o primeiro Premio de Honra

Organiza

  • Asociación de actores e actrices de Galicia

Traballamos pola defensa e reivindicación dos intereses dos nosos asociados e asociadas e pola mellora da súa situación laboral. Queres ser parte da Asociación?

Asóciate!

AAAG

  • Catálogo
  • Novas
  • A Asociación
  • Convenios e tarifas
  • Vantaxes
  • Xunta Directiva

Premios de Teatro María Casares

  • Última edición
  • Todas as edicións
  • Os premios
  • Os galardoados

Sobre a web

  • Nota legal
  • Licenza
  • Colofón

Co apoio de

Deputación da Coruña AGADIC

Contacto

  • info@aaag.es
  • +34 981 593 829 | +34 606 638 239

Rúa das Salvadas 2-A, Parque Vista Alegre 15705 Santiago de Compostela

Séguenos

  • Twitter
  • Facebook
  • Google Plus