Co
patrocinio da Fundación AISGE e a colaboración da fundación SGAE, presentamos
este taller de impro para actores e actrices, aberto a profesionais doutras
artes escénícas.
A
impro é teatro, outra forma de facer teatro. Unha disciplina artística na que
se crean escenas de forma instantánea, sen texto escrito nin ensaios previos.
Esas historias improvisadas poden ser
cómicas ou dramáticas, pero o obxectivo é que resulten emocionantes e
memorables. Para iso, é necesario coñecer a técnica.
Este curso é unha oportunidade para os actores e
actrices que queiran practicar impro, adestrar a súa espontaneidade e aumentar
a súa presencia escénica