Reconversión, de Ibuprofeno Teatro acada seis galardóns entre eles Mellor Espectáculo, Dirección e Texto Orixinal. A serie clopen, TROMSØ e Berenguela na gaiola logran cadanseu dobrete nunha gala que celebrou a vida e obra de Manuel Lourenzo
Unha gala dedicada á figura e á obra de Manuel Lourenzo, mestre de mestres. Luma Gómez recibiu un máis que merecido Premio de Honra Marisa Soto. Saber máis
Últimas novas dos María Casares
Reconversión, de Ibuprofeno Teatro acada seis galardóns entre eles Mellor Espectáculo, Dirección e Texto Orixinal. A serie clopen, TROMSØ e Berenguela na gaiola logran cadanseu dobrete nunha gala que celebrou a vida e obra de Manuel Lourenzo
Presentamos esta mañá no Teatro Rosalía Castro todos os detalles da 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares, o principal recoñecemento das artes escénicas en Galicia. O acto contou coa presenza de representantes da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a propia AAAG e Gloria Rico, directora da gala.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia renderá homenaxe ao histórico actor e dramaturgo, finado no verán de 2025, nun evento que se presentará oficialmente o luns 6 de abril no Teatro Rosalía Castro.
Gloria Rico Galán é unha das figuras máis versátiles da escena teatral galega contemporánea, desenvolvendo un labor integral como actriz, directora e produtora
O escritor e activista asina o texto por encarga da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) para conmemorar o 27 de marzo. Callón percorre a historia de persecución da escena galega e chama a pasar da "caricatura ao suxeito" cunha voz propia e dereitos recoñecidos
Dise que o xénero por excelencia da nosa literatura, tanto da tradicional como da impresa, é a lírica. Iso é verdade mais tamén é mentira. A nosa é unha lingua que naceu nun verso, mais nun verso que non se lía, senón que se representaba, que se facía carne na voz e nas mans. As xograresas e os xograres que danzaban, xesticulaban e cantaban á calor dunha lareira señorial ou na praza dunha vila, tiñan moito de comediantes. Vimos de moi lonxe.
A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) acordou conceder o Premio de Honra Marisa Soto dos Premios María Casares 2026 á actriz ferrolá Luma Gómez, en recoñecemento a unha traxectoria exemplar e ao seu compromiso sostido co desenvolvemento do teatro galego
Un total de 17 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos 16 galardóns que se entregarán durante a gala da 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará o mércores 8 de abril no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
>> A gala de entrega dos galardóns celebrarase o mércores 8 de abril un ano máis no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
>> A relación de finalistas deste 2026 darase a coñecer o mércores 4 de marzo durante a tradicional Festa de Finalistas que, coa presentación da actriz Chus Álvarez, terá lugar na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia en Santiago