A gala conta cun elenco conformado por Natalia Outeiro ‘Pajarito’, Arturo Cobas, Johanna Hesse, Álvaro Fitinho, Beatriz Rubio, Ezra Moreno e o propio Ptt, quen asina o guión xunto a Antón Coucheiro. Carlos Alonso encárgase tanto do vestiario coma da escenografía e NachoFaiaLar poralle música á gala dos María Casares
A entrega dos galardóns celebrarase no Teatro Rosalía Castro da Coruña este xoves e será emitida en directo a través da Canle de Youtube dos Premios a partir das 20.30 h nesta ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=KujT3RncH8U&ab_channel=PremiosdeTeatroMar%C3%ADaCasares