Taller de dramaturxia actoral con Eva Redondo. 20 e 21 de xullo / Ribadavia

Co patrocinio da Fundación AISGE e en colaboración coa Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia presentamos este taller no marco da Mostra, que este ano acada a súa 39ª Edición

(…) Pois o que se chama “invención” (por exemplo, na métrica), sempre é unha cadea así, imposta a un mesmo. “Bailar en cadeas”, poñerllo difícil e logo estender sobre iso o engano da facilidade: esa é a obra de arte (…) Friedrich Nietzsche: “O camiñante e a súa sombra”

Presentación

Os intérpretes non son só instrumentos en mans da creatividade doutros, senón creadores de pleno dereito capaces de conciliar a organicidade e a organización dun produto escénico. Neste sentido, a dramaturxia actoral exercita a capacidade creativa do corpo do actor (da actriz) desde unha tripla vertente: a interpretación, a autoría e a dirección.

O método de traballo en dramaturxia actoral é eminentemente práctico. A través dunhas improvisacións sometidas a pautas dramatúrxicas, os(as) participantes comezan a xerar forma e contido escénico. Estas estruturas, ás que denominamos protocolos, conteñen consignas específicas que exploran territorios limítrofes entre a actuación e a escritura como, por exemplo:

A escoita

O imaxinario

A pausa e o silencio dramático

Movemento e proxemia

Ritmo e progresividade

Estratexias e estados de ánimo

Códigos anómalos

Tempo e acción dramática

O diálogo e o seu variantes

Monólogo e polílogo

A dimensión poliédrica do personaxe

Os tipos de conflito

A docente

Eva Redondo é actriz, dramaturga e directora. No ano 2011, ingresa no Nuevo Teatro Fronterizo e participa de forma estable nun grupo de investigación que explora os límites entre a dramaturxia e a interpretación. Obtivo as bolsas Dramaturgias Actuales do INAEM (Sin Venir a cuento, historias alrededor de un puñetazo) En blanco ETC de Cuarta Parede (Cuatro nombres para Raquel) e o VI Laboratorio de escritura teatral de Fundación SGAE (Fulgor, 2018) e Carlota Soldevila (xunto con Ricard Soler) para a dramaturxia do espectáculo de rúa El Parc.

Durante os últimos anos, o seu labor dramatúrxico inclúe, entre outros, os textos Lucía (publicada por Primer Acto), Donde el hielo se rompe (traducido ao Eúscaro e estreado no teatro Ansoain de Pamplona), Le es fácil flotar (Candidato a Mellor espectáculo Revelación Premios Max 2019), Cuidado con el perro (Candidato a Mellor espectáculo Revelación Premios Max 2018, Publicado por Edicións Antígona e Traducido ao francés), Ruta 6,8 (Estreada en Conde Duque, publicada por Ñaque Editora), Terapia de choque (Publicada por Ñaque Editora).

Entre os seus últimos traballos como directora destaca La Rebelión de los hijos que nunca tuvimos (Centro Dramático Nacional), Cuidado con el perro (Sala Cuarta Pared), Homenaje a Billy el Niño (Teatro del Barrio), La Vaca (Samarkanda Teatro), Hombre por necesidad (Teatro del Barrio), Vitalicios (co-dirixida xunto con José Sanchis Sinisterra (Teatro del Barrio).

É membro da Junta Directiva de Nuevo Teatro Fronterizo, da Asociación de Autoras y Autores de teatro (AAT), así como socia fundadora do colectivo creativo Nuevenovenos e do portal de dramaturxia Contexto Teatral.

Datas e duración:

20 de xullo de 10h a 14 h e de 16h a 20h.

21 de xullo de 10h a 14h

12 horas

Lugar:

Auditorio Manuel María. Casa da Cultura de Ribadavia. Rúa Celso Emilio Ferreiro 4. 32400, Ribadavia MAPA

Prazas e selección do alumnado:

Este taller ten 18 prazas activas. A admisión realizarase por sorteo entre as persoas rexistradas en caso de haber máis solicitudes que prazas, constituíndo unha lista de espera de ser o caso.

Precio:

Socixs AAAG e/ou AISGE: 50 euros

Se levas en paro 6 meses ou traballaches 10 días ou menos nese tempo, tes unha redución do 50% no prezo. Terás que presentar documentación que xustifique a situación para acceder a este desconto, exclusivo para o corpo asociativo da AAAG

Non socixs: 90 euros

Inscrición:

Desde o 19 de xuño, luns, ata o 12 de xullo, mércores, ás 15h. a través do formulario que figura na parte superior desta páxina páxina web da asociación

Se es membro da AAAG, só tes que iniciar a túa sesión na páxina e pulsar “inscribirme” no formulario. O taller aparecerá nas apartado “inscricións” do teu espazo privado.

Reserva de praza e forma de pago

Comunicarase a lista de admisión a tarde do mércores 12 de xullo. De haber máis solicitudes que prazas se constituirá unha lista de espera.

Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma e datas de pago. No caso de que algunha das persoas admitidas non efectúe o pago nas datas indicadas, a súa praza será adxudicada á seguinte persoa na lista.

De non ter solicitudes suficientes, a organización poderá suspender a realización do taller.