Volver

Nova xunta directiva da AAAG

Etiquetas:

Na Asemblea Xeral Extraordinaria do pasado luns 24 de abril escolleuse unha nova xunta directiva da AAAG encabezada por Arantza Villar

Unha vez rematado o mandato da xunta saínte, ampliado extraordinariamente na asemblea do pasado 21 de novembro pola coincidencia do seu final coa gala de entrega dos María Casares, convocouse esta asemblea extraordinaria de eleccións á xunta directiva en cumprimento dos estatutos da entidade.

A nova xunta directiva escollida para un mandato de dous anos está encabezada por Arantza Villar como presidenta, sendo Eva Fóneas Braña vicepresidenta e Xosé Barato, secretario. Completan a lista como vogais Gemma do Carmo, Jose Losada, Josi Lage, María Francelina e Yago Espasandín como novas incorporacións, continuando na xunta Iria Lamas Alsina, Luma Gómez, María Ángeles Iglesias, Toni Salgado e Xosé M. Esperante. Queremos agradecer aos membros saíntes Daniel Celester, Rosa Puga Davila, Sara Fandiño e Sheyla Fariña o traballo e implicación nos últimos 2 anos.

A primeira reunión de traballo, o día 9 de maio, serviu para establecer as comisións de traballo da xunta e darlle un repaso ás frontes que temos abertas e ao funcionamento ordinario da entidade.

O funcionamento do CDG, a situación dos convenios do Teatro de Galicia e do Audiovisual, os desafíos das producións para plataformas, as mobilizacións #porunhaCRTVGaoservizodopobo, e o programa de formación da AAAG foron, entre outros, os temas tratados nesta xuntanza.