o rapto da Befana: a troupe
Volver

O rapto da Befana

Sinopse

"Durante só unha noite de xaneiro, a bruxa Befana reparte agasallos e comida polas casas. Colombina, farta de traballar e de ser pobre, ten unha idea: raptar a Befana, así nunca lle faltará nada, pero Arlequín e Polichinela escoitan o seu plan. Arlequín quere chegar antes ca ninguén onda a Befana para demostrarlle a Colombina que é máis listo ca ela. O Capitán vai con el, sobre todo porque non quere quedar só. Polichinela consegue a axuda de Pantalone e os seus cartos para averiguar onde vive a Befana. E a Befana, sen sospeitar o que lle espera, viaxa na súa góndola pola terra, polo aire e pola auga, cambia de calcetíns, que é a cousa que máis lle gusta no mundo, e garda nos zapatos a súa maxia. Nesta historia presentámosvos personaxes que veñen de Italia, unha pequena aventura, varios enredos, moita música, alegría e comedia."

Web:

https://www.befana.es/

Candidaturas

  • Espectáculo Infantil : O rapto da Befana
  • Actor Secundario : Sergio Alfonso
  • Actriz Secundaria : Leonor Sangabriel
  • Actor Protagonista : Germán Gundín
  • Actriz Protagonista : Rosa Puga Davila
  • Maquillaxe : Cía. Olivas Negras
  • Vestiario : Raquel Crespo
  • Iluminación : Beatriz de Vega
  • Texto Orixinal : Paula Carballeira
  • Dirección : Nuria Sanz
  • Dirección de movemento : Germán Gundín
  • Espazo sonoro : Klaus Martínez Veiga
  • Espazo escénico : Beatriz de Vega

Compañía

Olivas Negras

Data estrea:

26/02/2023

Contacto

Descargar programa