Títeres Nanai e Muí -  Nanai da china
Volver

Nanai da China

Sinopse

Nanai naceu unha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas rexéitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir que non, e axudar ao seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do río Yangtsé en compañía de Chispúm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra a estúpida superstición da xente Nanai e o seu avó elaboran un plan que non sempre sae tan ben como imaxinaron. Nanai da China é un espectáculo de teatro para público familiar onde os títeres e os actores se fusionan para representar un conto orixinal cheo de maxia, aventuras e humor.

Web:

https://www.perezyfernandez.com/nanaidachina/

Candidaturas

  • Espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas : Nanai da China
  • Actor Protagonista : Manu Fernández
  • Actriz Protagonista : Victoria Pérez
  • Vestiario : Pérez&Fernández
  • Iluminación : Montse Piñeiro
  • Texto Orixinal : Victoria Pérez- Xabier Romero
  • Dirección : Victoria Pérez
  • Espazo sonoro : Xabier Romero
  • Espazo escénico : Montse Piñeiro - Iria Fafian

Compañía

Pérez&Fernández

Data estrea:

12/10/2023

Contacto

Descargar programa