Fará todo o que sexa preciso
Volver

Insubmisa

Sinopse

Poida que cometese un crime terrible. Pero a cuestión agora non é a súa culpabilidade, senón o seu estado mental. Non basta con declarala culpable. Ademais, debe quedar claro que é unha enferma, unha demente. Ninguén durmirá tranquilo mentres pensemos que pode existir alguén así. De xeito que ela permanece encerrada para ser avaliada. Trátase dun centro moderno onde a profesionalidade é incuestionable. E o autor do seu diagnóstico é un psicólogo intelixente que non está disposto a deixarse levar. Pero ella é demasiado complexa e fascinante como para etiquetala. Nin o amor é cárcere suficiente para contela. Defraudar todas as expectativas é a única vía para acadar unha liberdade que depende dequeles que escriben a súa historia. E latexando, a seguinte cuestión: Pode ser libre unha muller se a súa historia é escrita polos homes.

Web:

www.antagonistateatro.es

Candidaturas

  • Espectáculo : Insubmisa
  • Actor Secundario : Javier Octavio de Toledo
  • Actor Protagonista : Jose Vaquero
  • Actriz Protagonista : Iria Sobrado
  • Vestiario : Diego Valeiras
  • Iluminación : Diego Valeiras
  • Texto Orixinal : Jose Vaquero
  • Dirección : Marta Alonso e Pepe Domínguez
  • Dirección de movemento : Marta Alonso
  • Espazo sonoro : Christian Casas
  • Espazo escénico : Diego Valeiras

Compañía

Antagonista Teatro

Data estrea:

23/09/2023

Contacto

Descargar programa