BLUES DE MEDIANOITE - VERSIÓN ESTENDIDA 1 (Foto: Raquel Castro)
Volver

Blues de medianoite - versión estendida

Sinopse

Cando cae a noite e entra a melodía, acéndense as luces para min. Blues de Medianoite – Versión Estendida, entra, a ritmo de blues, no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no movemento e na música, nunha viaxe no tren clandestino que conduce á liberdade. Pon en valor ás grandes damas do blues e a riqueza rítmica que ven directamente de África, sempre dende un filtro persoal. Isto é, o NOSO Blues. Blues de Medianoite – Versión Estendida, é un espectáculo multidisciplinar (danza, música e teatro) que transita entre o formato escénico e formato concerto. É un espectáculo feminista, que parte do histórico para chegar á intimidade de cada persoa, recreando a poética do imaxinario propio deste xénero musical, grazas á luz, que nos traslada ó clube, ó tren, ó cruce de camiños...

Web:

https://laboratorioescenicocoop.com/distribucion-espectaculos/

Candidaturas

  • Espectáculo : Blues de medianoite - versión estendida
  • Actriz Secundaria : Marian Ledesma
  • Actriz Protagonista : Alba Fernández Cotelo
  • Iluminación : Afonso Castro
  • Texto Orixinal : Alba Fernández Cotelo
  • Dirección : Alba Fernández Cotelo
  • Dirección de movemento : Alba Fernández Cotelo
  • Espazo sonoro : Arranxos: Iván Doval. Músicos en escena: Marian ledesma, Julio Cuns, Bruno Couceiro e Juan Tinaquero. Creación do tema musical “O Tren”: Jas Processor