O dramaturgo paquistaní Shahid Nadeem asina a Mensaxe Internacional no Día Mundial de Teatro, do International Theatre Institute (ITI). Dende a AAAG, traemos ao galego un extracto do seu texto. Pódese consultar na web do ITI a versión orixinal e diferentes traducións a outros idiomas.
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Un total de 16 espectáculos competirán como finalistas nos XXIV Premios de Teatro María Casares
O espectáculo ‘Liberto’, de Marelas Producións, aspira a sete galardóns, mentres que ‘Bernarda, de Malasombra, e ‘Fariña’, de Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media, optan a cino galardóns. Estes tres espectáculos, que acaparan o maior número de finalistas, disputaranse ademais o premio ao mellor espectáculo
‘Cartoóns’, de Producións Teatráis Excéntricas; ‘Lambetadas’, de Talía Teatro, e ‘Ummm!! Unha comedia musical… para chupar os dedos’, de Teatro Avento Producións competirán polos premio na categoría de mellor espectáculo infantil
Aldara Prado asina o cartel dos XXIV Premios de Teatro María Casares
A gala celebrarase o vindeiro xoves 26 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña e coñeceremos a relación de finalistas dos galardóns o próximo mércores 26 de febreiro na tradicional Festa de Finalistas que se celebrará na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia
A AAAG lamenta o falecemento de Pilar Pereira, gran referente do noso oficio da interpretación
Un total de 30 espectáculos inscríbense nos XXIV Premios de Teatro María Casares
A primeira rolda de votacións xa está aberta a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico. O proceso de votación rematará o 17 de febreiro e del sairán os/as finalistas en cada unha das catorce categorías cos que contan os galardóns
‘Carabela’, ‘O candil’, 'Poeta en Nova York' e ‘O mel non caduca’ estréanse neste mes de xaneiro
>> 'Carabela', de Galeatro, estréase este domingo, 19 de xaneiro, en Carballo.
>> 'O candil', de Escola Galega de Teatro Musical, estréase o vindeiro 24 de xaneiro na Coruña.
>> 'Poeta en Nova York, de Producións Paloma Lugilde, a través da súa liña de produción Teatro baixo a Area, en coprodución co CDG., estréase en Lugo o 29 de xaneiro.
>> 'O mel non caduca', de Ibuprofeno Teatro, estréase o 31 de xaneiro en Santiago.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia convoca os XXIV Premios de Teatro María Casares
O prazo para a inscrición de espectáculos abre este luns 16 de decembro e pechará o próximo 7 de xaneirode 2020. Poderán concorrer todas as producións de actor en lingua galega estreadas ao longo do ano 2019
A AAAG esixe que se manteñan os orzamentos do CDG e do CCG, dúas institucións maltratadas e desmanteladas na última década pola Xunta de Galicia
>> A AAAG amosa, ademais a súa perplexidade, polo anuncio no Parlamento dun novo estatuto para a Agadic que, malia as aseveracións do conselleiro Rodríguez no pleno, se elaborou de costas do sector e obviando o tecido asociativo profesional
>>A AAAG esixe que o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, dea explicacións inmediatas sobre o futuro da Agadic e que manteña os orzamentos no CDG e no CCG.
O Fetega 'Celso Parada' do Carballiño celebra a súa trixésima edición a semana que vén
Dende o vindeiro luns 2 de setembro até o venres 6 de setembro, o festival ofrecerá no Auditorio Municipal Manuel María un programa conformado por cinco compañías (Contraproducións, Chévere, A Berberecheira, Redrum Teatro e Enconarte), ademais das montaxes de circo, maxia e de clown que se poderán ver no anfiteatro de Veracruz, os monólogos cómicos que levarán até O Carballiño os artistas Pepo Suevos, Xan Veiga, Fran Campos ou Víctor Grande e as actividades paralelas que completan o cartel.