O Salón Real do Concello da Coruña acolleu esta mañá a presentación da gala dos XVI Premios María Casares de Teatro que, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), terán lugar o vindeiro 3 de abril no Teatro Rosalía de Castro da cidade herculina
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
A Sala Nasa, Premio de Honra Marisa Soto 2012
A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia decidiu conceder o galardón á Sala Nasa por: “Ser unha sala alternativa independente de referencia en Galicia e no estado español; converterse nunha Sala de exhibición imprescindible na vida teatral e cultural de Santiago de Compostela; provocar unha xeración de profesionais da escena que se criaron e medraron a carón da Sala, converténdoa nunha auténtica `escola de rúa’; e por ser un proxecto diferenciado e innovador, sempre á procura dunha linguaxe propia e dunha particular maneira de achegar as artes escénicas á cidadanía”.
Fotos da V Festa dos Nomeados
Os XVI Premios de Teatro María Casares xa teñen finalistas
O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu a V Festa dos Nomeados. Citizen total e a Opera das tres reás acadaron oito candidaturas aos premios do teatro.
Comeza a conta atrás para os XVI Premios de Teatro María Casares
Un total de 261 profesionais, de 28 compañías e 30 espectáculos distintos, son candidatos nestes galardóns. Este xoves 1 de marzo terá lugar a Festa dos Nomeados, na que coñeceranse os finalistas nas distintas categorías. A cita será no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns (Ames), ás 20:00 horas.
Datas das funcións dos espectáculos candidatos ás nominacións dos XVI Premios de Teatro María Casares
VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
Masterclass de Nacho Vigalondo e Eduardo Chapero-Jackson
Obradoiro “ A emoción a escena” impartido por Etelvino Vázquez