O 17 de xuño, a Asemblea da AAAG elixiu unha nova xunta directiva. Estará encabezada como presidente por Vicente Mohedano. Na Vicepresidencia contaremos con Mabel Rivera, e Iria Sobrado asumirá a Secretaría.
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
MANIFESTO GALEGO DO DÍA MUNDIAL DO TEATRO 2015
O escritor Xurxo Borrazás será o encargado de redactar e ler o Manifesto Galego do Teatro nestes XIX Premios de Teatro María Casares. O escritor titulou o seu texto cun directo Teatro. O autor subirá ao escenario do Teatro Rosalía de Castro o próximo 26 de marzo na gala dos galardons escénicos.
Manifesto Internacional no Día Mundial do Teatro
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) lanza a versión en galego do Manifesto Internacional no Día Mundial do Teatro, cuxa escrita neste 2015 recaeu no autor polaco Krzysztof Warlikowski, un dos máis importantes directores teatrais europeos da súa xeración, con mais de 40 producións teatrais e operísticas ao seu cargo.
Vicente Montoto, Premio de Honra Marisa Soto
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concédelle este ano a Vicente Montoto o Premio de Honra Marisa Soto, galardón que recoñece a longa traxectoria profesional deste intérprete, director e autor teatral e que lle será entregado durante a gala dos XIX Premios María Casares.
A compañía Elefante Elegante conducirá a gala de entrega dos XIX Premios María Casares
Elefante Elegante será a compañía encargada de conducir a gala dos XIX Premios María Casares, que se celebrará o próximo 26 de marzo, véspera do Día Mundial do Teatro, no Rosalía Castro da Coruña.
Obradoiro de interpretación para TV con Carlos Sedes
Os cursos de interpretación audiovisual estaban definidos de cote como de “interpretación diante da cámara”. Esa “cámara” en realidade era cámara de cine. Hoxe en día a cousa mudou claramente, a cámara que máis ficción grava é a de televisión e outros formatos como as series web. Este curso está destinado a familiarizarse co que supón traballar neste tipo de formatos dende o punto de vista de quen interpreta.
Espectáculos candidatos aos XIX Premios María Casares
Un total de corenta compañías presentaron a súa candidatura aos XIX Premios de Teatro María Casares, cuxa gala de entrega celebrarase o día 26 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Convocados os XIX Premios de Teatro María Casares
Un ano mais, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia convoca os Premios de Teatro María Casares, que alcanzan a súa XIX edición. A cerimonia de entrega terá lugar o 26 de Marzo de 2015 no Teatro Rosalía Castro de A Coruña.
Obradoiro de Máscara Neutra con Mar Navarro e Andrés Hernández en Monforte
O curso está enmarcado no proxecto Buxiganga, unha aposta da delegación de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo pola promoción do teatro afeccionado na provincia de Lugo que cumpre xa 7 anos e que conseguiu que se crearan moitas novas agrupacións teatrais. E agora ten esta vertente formativa para profesionais.