Volver

Palmarés do IX Festival de Cans

O noso compañeiro Luis Zahera resultou gañador do premio ao mellor actor no VIII Festival de Cans. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia colaborou na dotación económica dos premios á interpretación no festival. Ademáis Antonio Durán "Morris" recibiu o premios de honra Pedigree'12 e Mabel Rivera, Premio Pedigree'06 ten a súa estrela no paseo da fama de Cans. Podedes consultar o palmarés completo e a composición dos diferentes xurados nesta ligazón, máis información na súa páxina web festivaldecans.com, e ver as fotos aquí.

Na foto o noso compañeiro Vicente de Souza faille entrega do Premio do xurado á mellor interpretación feminina, dotado co Can de Pedra e 200 euros aportados pola AAAG, a Teresa Fraga, polo seu traballo na curta Dúas letras

foto: Rafa Costas