Volver

Mensaxe internacional no día Mundial do Teatro

O International Theatre Institute vén de publicar a Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro, que reproducimos a continuación, traducido ao galego, podedes velo no adxunto na súa lingua orixinal: O ITI – Instituto International do Teatro – da UNESCO, honroume ao convidarme para redixir a mensaxe conmemorativa do 50º aniversario do Día Mundial do Teatro. Vou dirixir estas breves palabras aos compañeiros e compañeiras do teatro, colegas e amigos. Que o voso traballo sexa convincente e xenuíno. Que sexa profundo, tocante, comunicativo e incomparábel. Que nos axude a refletir sobre a cuestión do que significa ser humano e que esa reflexión sexa conducida polo corazón, pola sinceridade e pola bondade. Que superedes a adversidade, a censura e a escasez, algo que na verdade muitos de vós sodes forzados a confrontar. Que sexades abenzoados co talento e rigor necesarios para ensinardes, en toda a sua complexidade, as causas polas cais debe bater o corazón Humano, tendo en conta a humildade e a curiosidade para facer desa tarefa a obra da vosa vida. E que sexa o voso mellor – porque o mellor que derdes, mesmo así, só acontecerá nos momentos únicos e efémeros – o que consiga encadrar a pregunta máis básica de todas: “Como é que imos vivir?” Muita merda!!! (John Malkovich)