Volver

Comeza a conta atrás para os XVI Premios de Teatro María Casares

Un total de 261 profesionais, de 28 compañías e 30 espectáculos distintos, son candidatos nestes galardóns. Este xoves 1 de marzo terá lugar a Festa dos Nomeados, na que coñeceranse os finalistas nas distintas categorías. A cita será no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns (Ames), ás 20:00 horas.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia prepara, un ano máis, os Premios de Teatro María Casares, que acadan a súa XVI edición. Un total de 261 profesionais, de 28 compañías e 30 espectáculos distintos, son candidatos nestes galardóns. Este xoves 1 de marzo terá lugar a Festa dos Nomeados, na que coñeceranse os finalistas nas distintas categorías. A cita será no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns (Ames), ás 20:00 horas. Son 13 as categorías que descubrirán entón aos seus finalistas: mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, mellor música orixinal, mellor adaptación- tradución, mellor texto orixinal, mellor escenografía, mellor actriz secundaria, mellor actor secundario, mellor actriz protagonista, mellor actor protagonista, mellor dirección e mellor espectáculo.A eles cómpre sumar o Premio de Honor María Soto, que recoñece a traxectoria ou unha especial labor na promoción do teatro. A gala de entrega dos XVI Premios María Casares tamén ten data: será o 3 de abril, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Os Premios María Casares recoñecen o traballo dos profesionais e das distintas producións realizadas en lingua galega; neste caso as estreas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do pasado 2011. Os XVI Premios María Casares contan coa colaboración, entre outros, de AGADIC, Concello da Coruña, Fundación AISGE, Concello de Ames e TVG.