O voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, avanzou que os principais obxectivos desta ILP serán reverter as normas contra o galego e a emerxencia lingüística, blindar os acordos a favor do galego e garantir os dereitos lingüísticos. Existe unha distorsión entre o que din os plans e a realidade legal da nosa lingua e precisamos que a lei ampare e asegure o cumprimento dos acordos estabelecidos a favor do galego.
Desde 2004 e desde 2024 vese a falta de palabra e de interese do goberno do PP en actuar a favor do galego. A acción da Xunta foi contraria a calquera obxectivo normalizador fixado nos acordos nacionais e internacionais, incluíndo a revisión do PXNLG que ía estar lista afinais do pasado ano.
Unha das medidas máis urxentes para dar cumprimento ás resolucións do Consello de Europa e da ONU, que incluirá a proposición de Lei Lingua Vital, é a derrogación do decreto 79/2010,recoñecendo o galego como lingua vehicular e de acollida en todos os niveis, asegurando a docencia en todos os cursos e materiais didácticos, ofrecendo formación do profesorado e información a familias e aproveitando a lusofonía.
No relativo aos servizos públicos, é preciso blindar a oferta positiva na administración, xustiza e sanidade; asegurar a presenza do galego nos programas informáticos e introducir cláusulas lingüísticas nos contratos públicos. As entidades sociais do Protocolo Lingua Vital exixen, así mesmo, o fortalecemento dos servizos de normalización lingüística e a sistematización de programas específicos para as persoas inmigrantes que chegan ao noso país.
A ILP tamén exixirá a reversión da lei de medios públicos, recoñecendo o papel do galego como lingua exclusiva da CSAG e emendando a lei de IA. Tamén pedirá investimento público en oferta cultural en galego, cotas de dobraxe, lexendaxe e financiamento anticipado, exhibición de filmes en galego nas salas e protección da nosa lingua nas actividades deportivas.
Perante a emerxencia lingüística só hai unha alternativa: o protocolo lingua vital, elaborado por 70 entidades co apoio de396, parte dos acordos e engade 300 medidas novas que comprometen entidades sociais e institucións favorábeis ao galego en todos os ámbitos da vida social.O galego está vivo e no debate social porque hai un pobo que a defende e que actúa.Foto: Eva Fernández Prieto