Volver

Publicadas no DOG as tarifas do Convenio de Actores e Actrices para o 2026

O pasado 13 de marzo publicouse no DOG a actualización das tarifas de intérpretes de Teatro de Galicia para este ano

Esta publicación responde ao acordado o pasado 20 de febreiro na comisión paritaria do citado convenio, na que a AAAG toma parte pola banda social, xunto aos sindicatos CC.OO., CIG e UXT, estando a parte empresarial formada por representación da Asociación de Empresas de AAEE de Galicia, Escena Galega, e a Agadic. A suba acordada corresponde ao IPC oficial do ano 2025, un 2,9%. Por outra banda, actualízase o prezo por quilómetro dos desprazamentos respondendo ao art. 14 do convenio, quedando fixado en 0,31€/qm.

https://aaag.gal/storage/resources/rates/attachment/b7d4e367-tarifas-2026.pdf

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260312/AnuncioG0767-270226-0002_gl.html