Un total de 45 espectáculos e preto de 400 profesionais concorren aos 30º Premios de Teatro María Casares, galardóns organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) dende a súa fundación en 1997 coa colaboración habitual de institucións e entidades como son a Xunta de Galicia, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, a Fundación SGAE, a Fundación AISGE ou Gadis. O proceso de inscrición finalizou o pasado 8 de xaneiro rexistrando unha gran participación ao inscribírense un total de 45 montaxes e máis de 350 candidaturas de profesionais que se postulan para as dezaseis categorías nas que se dividen os premios: maquillaxe, vestiario, iluminación, espazo escénico, espazo sonoro, texto orixinal, adaptación-tradución, actor secundario, actriz secundaria, actor protagonista, actriz protagonista, dirección, dirección de movemento, espectáculo, espectáculo de monicreques e espectáculo infantil.
Tras a fase de inscrición, a AAAG iniciou xa a primeira rolda de votacións, aberta a un censo formado por máis de 450 profesionais do sector das artes escénicas. Ademais do corpo asociativo da AAAG, poderán votar responsables da xestión e programación cultural, xornalistas, críticos e as persoas finalistas en edicións anteriores. Das súas votacións, sairán os espectáculos e profesionais finalistas en cada unha das dezaseis categorías. O prazo de votacións estará aberto até o 24 de febreiro ás 12.00 h.
Os Premios de Teatro María Casares son o grande escaparate do teatro, así como a gran festa para toda a profesión teatral. Este ano, a entrega celebrarase o vindeiro 8 de abril no Teatro Rosalía Castro. Ese día entregarase ademais o Premio de Honra Marisa Soto, que se lle concede cada ano como homenaxe a unha persoa ou a unha entidade polo seu traballo a prol das artes escénicas, e lerase o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro.
RELACIÓN DE ESPECTÁCULOS INSCRITOS AOS XXX PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES
|
ESPECTÁCULO |
COMPAÑÍA |
|
|
1 |
#Influencers |
NegroLópez |
|
2 |
A Biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica |
Tanxarina |
|
3 |
A metamorfose |
Sarabela Teatro |
|
4 |
A burra, a mesa e o pau |
Centro Dramático Galego |
|
5 |
A miña tataravoa Maruxa |
Barafunda Teatro |
|
6 |
A serie clopen |
Centro Dramático Galego |
|
7 |
Alta costura |
Elefante Elegante |
|
8 |
Amoriños. Tourián e Perdomo |
Ainé |
|
9 |
Antón, un neno diferente |
Luart Producciones |
|
10 |
As aventuras de Nabiza Girl: O estraño caso da cultura minguante |
Isabel Risco/ La Yogurtera S.L. |
|
11 |
As desterradas |
Producións Teatráis Excéntricas |
|
12 |
As almofadas soñadoras |
Diáspora Escena |
|
13 |
Berenguela na gaiola |
Galeatro e Xarope Tulú |
|
14 |
Bibopalula. O espectáculo |
Ainé |
|
15 |
Bosque |
Aurora Artes Escénicas |
|
16 |
Compaña |
Xampatito Pato |
|
17 |
Canto Conto! |
Limiar Teatro |
|
18 |
Castelao, un corazón á intemperie |
Fantoches Baj |
|
18 |
Coa cabeza nas nubes |
SÖA |
|
20 |
Costa da morte: Cartografía dun naufraxio |
Mariña Lestón |
|
21 |
Esperta o rinoceronte |
Nao Caracola |
|
22 |
Fala fala falangueira |
Matrioshka Teatro |
|
23 |
Gabinete Mirabilia |
Pablísimo |
|
24 |
Guerra |
Teatro do Noroeste |
|
25 |
Heroes en decembro |
Ancoraxe, Vórtice Escénico e Centro Dramático Galego |
|
26 |
Historias para escagarriñarse |
Teatro dos Ghazafelhos |
|
27 |
Mala vida e pior morte de Ricardo III |
Producións Teatráis Excéntricas |
|
28 |
Mofa e Befa: Os dous de sempre |
Producións Teatráis Escéntricas |
|
29 |
Nas nubes |
Redrum Teatro |
|
30 |
O libro da selva, o musical |
Árika Cía |
|
31 |
O proceso |
Malasombra |
|
32 |
O espírito de Vania |
Machi Salgado |
|
33 |
O último home |
Ainé |
|
34 |
Os senteito |
Caramuxo Teatro |
|
35 |
Profetas |
Ítaca Teatro |
|
36 |
Punto en boca: Entre fíos anda o lío |
Raquel Crespo |
|
37 |
Rato Pérez |
A Xanela do Maxín |
|
38 |
Reconversión |
Ibuprofeno Teatro |
|
39 |
Roland mon amour |
Cris Balboa |
|
40 |
Sol Fuerza |
aAntena |
|
41 |
Sophie non é o meu nome de guerra |
Redrum Teatro |
|
42 |
Tromsø |
Morraoconto |
|
43 |
Un deus salvaxe |
Talía Teatro |
|
44 |
Un tal Romeo |
aRamboia |
|
45 |
Vitória, retrato dunha denuncia |
Iria Pinheiro |